31 de xan. de 2012

PROXECTO 2º ESO



A partir do módelo, deseñade e construíde un xoguete mecánico activado por un motor conectado a unha redutora de velocidade. 
Condicións: 
  • As dimensións máximas son 40x50x30cm.
  • O motor debe poñerse en funcionamento pola acción dunha canica que cae nun bambán (ver módelo).
  • Poden usarse distintos materiais de construción, que serán de refugallo na medida do posible.
  • O xoguete funcionará grazas ao mecanismo que vos sexa asignado no sorteo que faremos na clase.
  • A canica tardará o maior tempo posible en chegar ao bambán.
  • O número de rampas será de 3 como máximo.
  • A estrutura que soporta as rampas debe ser estable.